Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Burela anuncia o prezo dos abonos para que os socios vaian aos partidos esta tempada

Por 20 Agosto, 2019Agosto 27th, 2019Sin comentarios

Comeza a conta atrás, coa apertura da campaña de socios 2019-20. Tan só queda un mes para que Vista Alegre volva ruxir co mellor dos espectáculos nunha tempada moi especial para a Familia Laranxa, cumprindo 18 anos de traballo dende a base á elite e cos dous equipos sénior, feminino e masculino, en Primeira.

Os novos socios poderán formalizar a súa solicitude cubrindo o formulario adxunto e facendo a entrega na sede do club (Arcadio Pardiñas, 97, entreplanta, Burela. Horario do mes de agosto: De Luns a venres, 9.00-14.00 horas) ou a través de burelafs@burelafs.org.

Como novidade, as altas de socio tamén se poderán tramitar online.

Os prezos dos abonos van dende os gratuítos para os menores de cinco anos, aos 20 euros para os rapaces dentre seis e 17 anos, hai un abono de 25, de 50 euros, para os que teñen entre 18 e 25 anos. Os xubilados pagarán 70 euros e os abonos individuais custan cen euros, mentres que o familiar, só para socios antigos, suporá 160 euros.

Tanto os novos socios como as renovacións poderán retirar o seu carné dende o día 2 de setembro na sede laranxa.