Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Burela recada fondos contra o cancro este fin de semana co trofeo de fútbol Burela Bonita

Por 21 Agosto, 2019Agosto 27th, 2019Sin comentarios

No pavillón Vista Alegre dispútase ata o domingo o torneo Burela Bonita. Participan o Palma, o Parrulo e o Burela Pescados Rubén. Celébrase tamén un triangular xuvenil destes equipos e o domingo haberá unha fila cero con fins solidarios, xa que a recadación irá destinada á loita contra o cancro.

O concelleiro de deportes, Ramiro Fernández Rey contou que “o organiza o Concello en colaboración co Burela FS. Este ano imos contar con tres equipos de División de Honor que van ser o Parrulo, o Palma e o Burela FS. Ademais este torneo servirá como presentación do equipo masculino ante a súa afección. É un ano ilusionante porque volvemos á Primeira División”.

O edil socialista subliñou que “o nivel do torneo con estes equipos evidentemente é moi bo. Empeza o venres e será ata o domingo. O prezo do abono para todo o torneo vai ser de 10 euros e a entrada diaria vai ser de 5 euros. Tamén imos ter un torneo xuvenil, aproveitando que veñen os equipos maiores, van xogar un triangular os xuvenís de cada club”.

Ramiro Fernández explicou que “o domingo vai haber unha fila cero máis a entrada dese día vai ser destinada á loita contra o cancro. Vai estar colaborando tanto a asociación Esperanza de Burela como a Asociación Española contra o Cancro e a Anpa do colexio Vista Alegre, co cal enorgullece que este torneo tamén teña ese xesto solidario”.

O concelleiro de deportes convida “á xente a acudir ao pavillón, a disfrutar do fútbol sala e ver ao outro primeiro equipo de Burela que este ano vai competir na Primeira División e supoño que terán ganas de deixar un bo sabor diante da súa afección, e seguro que nos dará momentos de moita alegría”.

PREZOS. Menores de 18 anos: Gratuíto. Entrada diaria: 5 euros/adultos e abono adultos (3 días): 10 euros

Venres 23: Palma Futsal-Pescados Rubén Burela FS

17.30 horas: Xuvenil
20.30 horas: Sénior

Sábado 24: Palma Futsal-O Parrulo FS

17.30 horas: Xuvenil
20.30 horas: Sénior


Domingo 25: Pescados Rubén Burela FS-O Parrulo FS

17.30 horas: Xuvenil
20.30 horas: Sénior