Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Detido o presunto autor de varios roubos en vivendas da Mariña

Por 21 Agosto, 2019Sin comentarios

A Garda Civil detivo a un veciño de Ribadeo de 30 anos como suposto autor de varios roubos en vivendas da Mariña lucense. 

Tras ter coñecemento do roubo no interior dunha vivenda de Ribadeo o pasado mes de xuño, no que substraeron unha desbrozadora e unha motoserra, a Garda Civil iniciou unha investigación na que detectaron un anuncio a través dunha páxina de venda de obxectos de segunda man en internet. Nela ofrecían dúas máquinas de características similares, identificando ao vendedor, que estaba relacionado con outros roubos en casas por unhas investigacións realizadas en abril no marco da Operación Zona Cero, que se saldou con seis detencións.

No rexistro domiciliario da persoa detida, os axentes localizaron ademáis da maquinaria substraída, outros obxectos procedentes de varios roubos anteriores polos que o detido xa estaba sendo investigado.

Trala súa detención e no marco das investigacións realizadas, os axentes souberon que na substracción da devantida maquinaria participaron outras dúas persoas, unha veciña de Viveiro de 25 anos, en paradoiro descoñecido, e un veciño de Ferrol, de 39, que se atopa agora cumprindo condea no centro penitenciario de Bonxe por delictos cometidos recentemente en Ribadeo e Mondoñedo.

A persoa detida pasou á disposición xudicial.