Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro anima a aproveitar os stocks da súa feira comercial

Por 21 Agosto, 2019Sin comentarios

Un ano máis, do 20 ao 22 de agosto, lévase a cabo a VII Feira de Stocks organizada polo Centro Comercial Histórico de Viveiro, na que dende Concello de Viveiro apóstase polo comercio local; como mostra do compromiso o Concello de Viveiro colabora dun xeito importante coa feira de stocks como nestes últimos anos, prestando unha colaboración importante en todo o referente aos medios materiais para a súa realización, como a instalación das carpas.

Invitamos a veciños e visitantes a que visiten a feira, consideramos que esta feira ofrece unha oportunidade aos comercios para liberar o seu stock ofrecendo aos clientes prezos rebaixados.

A feira desenvólvese nas carpas situadas nos Xardíns Noriega Varela e está organizada polo Centro Comercial Histórico en colaboración co Concello de Viveiro. Son 14 stands adicados á venda de moda de home e muller, nenos, xuvenil, regalos e complementos, deportes, mobles, decoración e artigos do fogar. Os comercios participantes na feira son: Muebles Iglesias, Fontana, Kody e Kody Kids, Versus, Complementos Sulian, Piti Deportes, Raquel Seijido, Albo Zapaterías, Oscar Joyeros, kerale Moda, Standhome, Baamonde Style, Van Surf e Van Surf Sneakers.