Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Manuel Lourenzo interpretará unha obra de Pisón o día 23 no Castelo de Alfoz

Por 22 Agosto, 2019Sin comentarios

O castelo de Castrodouro en Alfoz acollerá o día 23 de agosto o último dos recitais deste veran do actor Manuel Lourenzo. Entre as 19 e as 20 horas, o dramaturgo interpretará textos de Xesús Pisón baixo o título de ‘Materna’, tralos anteriores recitais ofrecidos no seu municipio natal.

Manuel María Lourenzo Pérez, naceu en Ferreira do Valadouro o 15 de abril de 1943, é un actor, dramaturgo, director teatral, conferenciante, tradutor galego e dinamizador de diferentes iniciativas teatrais.

Manuel Lourenzo cursou estudos de Maxisterio. Entre 1962 e 1964, viviu en Alemaña. Volta a Galiza e, en 1965, crea na cidade da Coruña (xunto con Francisco Pillado Mayor) o Grupo de Teatro O Facho, grupo ligado á Agrupación Cultural O Facho e que marca, a xuízo de autores como Laura Tato ou Manuel F. Vieites, o inicio do teatro independente en Galicia. En 1967, funda o Grupo de Teatro Circo (1967-1976), o cal é de vital importancia dentro da historia do teatro galego.

En 1997 recibiu o Premio Nacional de Literatura Dramática, por ‘Veladas indecentes’. No ano 1998, xunto con Santiago Fernández, crea a escola teatral Casahamlet, a cal rexenta actualmente. No 2007 foi nomeado socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega. No 2017 foi recoñecido como Profesor Honoris Causa pola ESAD de Galicia.

Xesús Emilio Pisón Villapol, naceu en Ferreira do Valadouro, Lugo, en 1954 e é un autor dramático galego. Trátase dun dos autores dramáticos máis destacados desde a década de 1980, contando cunha variada produción.