Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os sendeiros de Foz percorrerán a ruta dos Nazarenos o día 24

Por 22 Agosto, 2019Sin comentarios

O grupo sendeirista Os Sendeiros de Foz percorrerán a ruta dos Nazarenos o vindeiro sábado, 24 de agosto. Sairán ás 9 da mañá da praza do Concello e animan a todo o que queira a sumarse á súa camiñata.

O prezo da excursión é de tres euros para os que non estean federados e inclúe un seguro de accidentes obrigatorio. Hai que inscribirse previamente, di o colectivo, lembrando a lei do deporte de Galicia 3 de 2012 que así o indica.

Para anotarse, basta con chamar ao 606.794.110 ou escribir a ossendeiros@yahoo.es, ata o venres 23 de agosto, é dicir, que ata o día xusto anterior á ruta, os interesados poden apuntarse.

A organización lembra que é convinte levar equipo de sendeirismo, algo de comida para picar e auga, aínda que esta ruta local é de dificultade media.