Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O goberno de Alfoz convoca aos pais para falar da posta en marcha do Servizo Madrugadores

Por 23 Agosto, 2019Sin comentarios
A concelleira de turismo e tenente de alcalde de Alfoz, Arantxa Incera, avanza que o vindeiro mércores, 28 de agosto, vai convocar aos pais e nais, os centros educativos do Concello e as asociacións de nais e pais de alumnos ou ANPAs, entre outros, a unha reunión para tratar distintos temas interesantes para o novo curso que vai comezar, o de 2019-20. Quizáis o punto máis señeiro sexa a posta en marcha do Servizo Madrugadores.
Como enumera Incera, desde o Concello van tramitar, para aqueles alumnos que o desexen, as becas do Ministerio de Educación para o vindeiro curso.
Tamén manterán e mellorarán as axudas ao transporte para os alumnos do concello que estudan Bacharelato ou Formación Profesional nos centros da Mariña.
O Concello iniciará o Programa Madrugadores no CEIP de Castro de Ouro este curso grazas á demanda que xa tiveron por parte dalgúns pais que deste xeito poden deixar antes no centro aos cativos.
Tamén informará o Concello aos centros educativos e as ANPAs acerca das subvencións que poden solicitar e ofrecerán información xeral sobre as Escolas Deportivas Municipais e programa de apertura do colexio fóra de horario lectivo.