Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Vicedo invita a participar hoxe do seu concurso de castelos de area

Por 23 Agosto, 2019Sin comentarios

Á localidade mariñá do Vicedo, nun dos extremos da comarca, está sendo coma cada verán moi visitada por estas datas grazas tamén ás súas fermosas praias e paraxes, entre elas a de Abrela que hoxe venres, día 23 de agosto, acollerá o tradicional concurso de castelos de area do municipio, a partir das 16.30 horas.

Noutras ocasións foi a praia de Xilloi a que albergou o certame ao que acoden bañistas e visitantes, non só da Mariña, senón de Asturias e Galicia en xeral, ademais dos veraneantes.

Este venres a partir das 16:30 horas na praia de Abrela terá lugar o
tradicional concurso de figuras de area e haberá catro categorías, desde os máis pequenos ata os adultos e premios para os 2 primeiros equipos clasificados por categoría.

Ata había pouco tempo tamén se desenvolvía outro concurso de castelos de area en Arealonga, Barreiros, polo que o do Vicedo é case o único que queda na comarca e ademais xusto ao finalizar o verán.