Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Galicia en Común pide ao Goberno unha mesa de diálogo para evitar o descenso de produción en Alcoa

Por 28 Agosto, 2019Agosto 29th, 2019Sin comentarios

Galicia En Común rexistrou varias iniciativas parlamentarias no Congreso dos Deputados para solicitar a actuación urxente do Goberno na nova crise aberta na industria galega, esta vez en Alcoa San Cibrao.

A deputada Yolanda Díaz denuncia que “a situación que vive a planta lucense non é nova, e segue, tristemente, o camiño de moitas outras empresas no país, xa que o actual prezo da enerxía fai inviable, na maioría dos casos, o futuro de moitas empresas, sobre todo as electrointensivas”e denuncia que “o Goberno, tras un ano no poder, non adoptou ningunha medida para rebaixar o coste da mesma e que en industrias como a fábrica de aluminio, supoñen o 50% dos gastos da planta”.

Por iso, nunha nova Proposición non de Lei, solicita ao Goberno central que, de maneira urxente, e en coordinación cos organismos competentes da Xunta de Galicia, convoque unha mesa de traballo e diálogo da que formen parte persoas representantes da empresa Alcoa en San Cibrao (Lugo), dos traballadores e das traballadoras e das administracións competentes, coa finalidade de atopar unha solución de futuro á fábrica de aluminio que garanta a súa continuidade e viabilidade, así como a dos postos de traballo.

Galicia en Común lembra que o Ministerio de Industria debería ter aprobado desde hai meses o Estatuto dos Consumidores Electrointensivos, un Real Decreto que, a día de hoxe, tan só é un borrador que recibiu numerosas alegacións, e que foi calificado como insuficiente para asegurar a competitividade da industria electrointensiva de España frente á de países como Francia ou Alemania. De feito, sinala Yolanda Díaz, que “xa Alcoa alertou do perigo de peche da planta de San Cibrao, toda vez que as medidas propostas polo Goberno para abaratar os costes eléctricos da industria poñían en risco a súa viabilidade”, e lembra que “esta crítica foi compartida tanto polas organizacións sindicais como pola patronal do sector AEGE”.

Nas iniciativas rexistradas no Congreso, desde Galicia en Común tamén se insta ao Goberno a establecer un novo sistema de xestión da demanda de interrumpibilidade para a industria, así como levar a cabo os cambios regulatorios necesarios para o establecemento dunha tarifa regulada de enerxía para uso exclusivo das industrias/actividades calificadas como electrointensivas.