Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O alcalde ourolés agarda que en 2023 abra o centro de día para maiores

Por 28 Agosto, 2019Sin comentarios

O alcalde socialista de Ourol, José Luis Pajón, continúa negociando coas administracións competentes para que o centro de día e residencia previstos, segundo os seus propios cálculos, estean abertos a finais de 2023.

Pajón lembra que xa hai asinado un convenio coa Deputación de Lugo que se mantén dado o compromiso recente do presidente provincial de continuar cos proxectos en marcha.

Para iso, o Concello aproveita o solar do antigo colexio que pechou hai un lustro.

O centro de día con residencia custarán 1,6 millóns de euros, dos que o Concello de Ourol aportará 200.000 euros en catro anualidades.

Terá capacidade para acoller a 20 residentes e a outros 20 o centro de día.

Namentres, Ourol atende a 23 persoas no servizo de dependencia e  outros 18 polo de libre concorrencia. Hai doce persoas contratadas para atender a estas persoas e o Concello adxudicóulle a unha empresa a atención aos dependentes para os domingos e festivos.