Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O Centro Comercial Aberto de Burela prepara a volta ao colexio xogando ao Twister o 6 de setembro

Por 28 Agosto, 2019Sin comentarios

O Centro Comercial Aberto, CCA, de Burela prepara a nova edición da volta ao cole con xogos e volve a interesarse cos máis pequenos e repite a organización da actividade da volta ao cole. Este será o segundo ano desta actividade e o fai cun novo xogo: o Twister onde os e as participantes máis pequenas verán quen é o derradeiro en pé para ver quen sae vitorioso.

O venres 6 de setembro estará instalado na praza da Mariña, para que participen todos os pequenos que presenten un ticket de compra ou varios acumulados de mínimo 10 euros datados dende o 26 de agosto ata o propio día do xogo.

Desde as 10.30 ás 13.30 horas e de 17.00 a 20.00, cada 10 minutos farase un xogo de Twister de entre 4 e 8 participantes (segundo a orde de chegada) facendo un máximo de 36 xogos e ata 276 participantes durante todo o día.

Os xogadores teñen que ser menores de idade (con autorización paterna) e levarán un agasallo só por participar. Se ademais resultan gañadores levarán un premio de un vale de compra de 20€ e un kit xa preparado de material escolar.

Con esta actividade CCA Burela quere seguir traballando con todos os sectores da sociedade, tamén cos máis pequenos e pequenas.

Desde a asociación de comerciantes creen que este tipo de campañas son boas para a poboación e que é o mellor xeito de que sigamos medrando xuntos.