Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O centro ribadense Pedro Murias acollerá ata o venres o foro de automoción ao que asisten 80 persoas

Por 28 Agosto, 2019Sin comentarios

Ribadeo acolle estes días e ata o venres, o VIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que se celebra no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias. Alí seguirá ata o vindeiro venres. Polas mañás hai diferentes ponencias e polas tardes son os talleres. Máis de 80 persoas están a participar neste Fórum, no que o venres se renderá homenaxe ao empresario Eduardo Barreiros. Álvaro Doural, o presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Apaga, convida á poboación a asistir á proxección da película e á posterior charla sobre a vida deste coñecido empresario galego, que tamén recalou en Cuba.

O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia dixo que “ás ponencias estanse desenvolvemento segundo o previsto durante a mañá e pola tarde teremos os obradoiros prácticos, todo como estaba planificado e seguindo co esquema que se estableceu xa hai moitos anos”.

Álvaro Doural lembrou que “o venres teremos un acto que creo que vai ser moi emotivo e que, como as demais actividades do Fórum, está aberto a todos os que queiran vir. Creo que pode ser moi interesante porque vamos contar co director da película sobre Eduardo Barreiros, que é Simón Casal; o actor principal, Manuel Regueiro; e un grupo de enxeñeiros que traballaron na factoría de Barreiros en Madrid, para rematar coa intervención do xornalista Martín Fernández Vizoso, que falará sobre Barreiros en Cuba. Esta actividade vai ser no salón de actos do Centro de Formación e Experimentación Agroforestal Pedro Murias a partir das cinco da tarde e rematará cun viño e uns pinchos, co que concluirá este oitavo Fórum”.

Máis de 80 persoas están a asistir ao VIII Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos, que organiza Apaga e que se desenvolve en Ribadeo. Chegaron procedentes das catro provincias galegas, de  Asturias, León, Zamora, Madrid, Toledo, Pamplona e tamén de Portugal.