Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove oferta diversos bonos de transportes universitario e outros carnés de bus para centros da Mariña

Por 29 Agosto, 2019Sin comentarios

Polo que respecta ao bono bús universatario, desde o Concello de Xove lembran a toda a mocidade universitaria da municipalidade que a partir do mes de setembro de 2019 xa se poden solicitar na Oficina de Información Xuvenil os bonos de autobús para viaxar aos campus de Coruña, Santiago e Lugo. O concello financiará o 50% de cada bono. Para outros transportes, hai que consultar información na Oficina de Información Xuvenil, Omix.

No tocante carné bus do Concello, para o transporte aos centros educativos de Viveiro, Burela e San Cibrao dos/as rapaces e rapazas empadroados/as no concello de Xove, que cursen ciclos formativos ou outros estudos que non se impartan no noso municipal, poden solicitarse bonos no centro xuvenil. Os bonos comezan a funcionar en novembro para os maiores de 18 anos e pódense pedir ata comezo de curso no Centro Xuvenil (Omix).

BECAS. Aqueles xóvenes que vaian cursar estudos de Formación Profesional, Bacherelato, grado ou mestrado no curso 20192020 poden informarse na Omix para ver se cumpren os requisitos das Becas do Ministerio de Educación, e en Servizos Sociais para solicitar as do Concello de Xove, na web http://www.mecd.gob.es/educacionmecd/areaseducacion/estudiantes/becasayudaspremios/para estudiar.html