Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O ribadense Martín Fernández proclamouse campión galego de surf sub14

Por 1 Setembro, 2019Setembro 5th, 2019Sin comentarios
Martín Fernández, surfista de Ribadeo, proclamouse o sábado Campión de Galicia de Surf 2019 en categoría Sub14, reeditando así a súa clasificación do ano pasado no que tamén acabou primeiro.
O Campionato Galego de Surf desenvolveuse o fin de semana na praia de Caión, no municipio coruñés de Laracha, e nel déronse cita os mellores surfers de Galicia, disputando os campionatos das distintas categorías de idade.
Para facerse co campionato, Martín tivo que disputar tres duras mangas e na gran final disputou o título con Jorge Guerreiro de Viveiro (subcampión), Ivan Rodriguez de Vigo (terceiro clasificado) e Sebas Bamonde da Coruña (cuarto clasificado).
Un novo éxito esta tempada de Martín a sumar ao seu Campionato de España por Seleccións, formando parte da selección galega de surf 2019.