Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo anuncia aos bañistas que poden usar as praias da ría dada a ausencia de verquidos

Por 1 Setembro, 2019Sin comentarios

A Concellaría de Medio Ambiente confirmou que as augas da ría son aptas para o baño. O Concello coñeceu o resultado das analíticas realizadas por Sanidade nas praias de Os Bloques e O Cargadeiro, tras o vertido de zurro que se producía o pasado domingo nunha explotación gandeira no municipio asturiano de Vegadeo. Miles de litros foron parar ao río Eo. 

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, declarou que “vimos de coñecer unha analítica que estaba pendente de Sanidade en canto ás augas das praias afectadas polo vertido no río Eo do domingo pasado e dan que son aptas para o baño”.

O edil engadiu que “levantamos a recomendación de non bañarse. É unha boa noticia que as augas estean en perfecto estado para o uso do baño”.