Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Os populares suman unha fronte común para evitar despidos en Alcoa

Por 2 Setembro, 2019Sin comentarios

O Partido Popular lidera “unha fronte común” para evitar que se produzan despedimentos na planta mariñá, unha vez coñecida importante redución na fabricación, e logo “da desidia” demostrada polo Goberno en funcións, incumprindo incluso moitos dos anuncios realizados respecto deste asunto. Así o explicaron esta mañá diante da propia fábrica representantes do PP da Mariña, na Deputación, na Xunta, no Congreso dos Deputados e no Senado, “convidando incluso a todos os grupos políticos a traballar de maneira conxunta porque a situación está xerando incerteza e inseguridade”.

Deste xeito, como medida máis inmediata presentarán, segundo avanzou Elena Candia, unha moción na Deputación que será debatida no Pleno de setembro e a través da que urxen ao Executivo a aprobación inmediata do estatuto. Esta iniciativa tamén será trasladada ao resto de institucións onde esta formación ten representación, como poden ser os Concellos da zona ou as Cámaras nacionais e autonómica.

Para os  populares o Executivo de Sánchez “non ten escusas”, xa que, aínda que está en funcións, podería a través dun Real Decreto que, posteriormente, ratificaría o Consello de Ministros,  darlle viabilidade a este documento.

Consideran que o socialista “non pode seguir mirando para outro lado”, pois as factorías coas que a multinacional na Mariña teñen “un carácter estratéxico”, ao ser o principal motor económico e laboral da comarca e un dos máis importantes da provincia, representando o 30% do seu PIB”. 

Son un total de 1.100 empregos os que xera de xeito indirecto e outros 700 de forma indirecta, polo que o pretenden dende o PP é, precisamente, que estes non se vexan prexudicados. Neste senso, brindaron todo o seu apoio aos empregados, censurando ao mesmo tempo que dirixentes socialistas como o actual secretario Xeral acudise recentemente á Mariña “e non dixese nada ao respecto”; o que demostra claramente que “en Galicia e en Madrid están na mesma sintonía, que é a de non axudar a Alcoa”. 

Proba delo, apuntaron, é que Pedro Sánchez incumpriu os seus compromisos e tamén os prazos que el mesmo fixou. Son os seguintes:

 

  • O Real Decreto-Lei do Goberno de 7 de decembro de 2018, de Medidas Urxentes para o Impulso da Competitividade Económica no Sector da Industria e o Comercio en España, daba ao Goberno un prazo de seis meses para elaborar e aprobar un Estatuto de Consumidores Electrointesivos.

 

  • O Marco Estratéxico de Enerxía e Clima, presentado no Consello de Ministros o 22 de febreiro, establece a aprobación deste estatuto como unha das medidas de acompañamento aos sectores estratéxicos industriais previstas na Estratexia de Transición Xusta.

 

  • En febreiro de 2015, antes das elección xerais, o daquela candidato socialista Pedro Sánchez, prometeu aos traballadores de Alcoa que buscaría un sistema estable para 

Por este motivo, defenden que é imprescindible concretar unha data para a aprobación do estatuto, porque sen un marco normativo e un prezo estable non hai futuro nin para Alcoa nin para o resto de empresas grandes consumidoras. Ademais, o prezo da electricidade en España é moi caro, un 50 % máis que en Alemaña ou Francia, polo que a factura eléctrica supón o 41 % do gasto de Alcoa, nun momento no que o prezo do aluminio no mercado tamén está baixo. 

Segundo a patronal, a industria electrointensiva paga a luz en España 25 euros por megavatio/hora máis cara que en Alemaña e 20 euros máis que en Francia. Pero a solución do Goberno para lograr abaratar a factura e salvar os empregos segue deixando un avultado diferencial. As principais medidas do borrador do Estatuto dos Consumidores Electrointensivos plantexan unha rebaixa de uns dous euros por mw/h. A Asociación Española de Empresas con gran Consumo de Enerxía (AEGE) xa pediu tamén ao Executivo que multiplique por oito esta cifra, para sumar outros 16 euros á rebaixa. 

Ao igual que plantexou a Xunta de Galicia nas alegacións ao borrador, AEGE tamén pediu que se establezan mecanismos de rebaixa na fiscalidade enerxética e nos peaxes de acceso ás redes. O conxunto de medidas do Goberno supón 112 millóns de euros, cantidade inferior aos 150 millóns presupostados polo Executivo de Rajoy nas contas estatais, e que foron prorrogadas por Sánchez. 

A situación actual contrasta, por tanto, co acontecido durante os sucesivos Goberno do PP, que sempre intentaron buscar a mellor solución posible en apoio á industria electrointensiva, levando a cabo negociacións ao máis alto nivel. Foi o caso de Mariano Raioy co presidente internacional de Alcoa; o que permitiu establecer medidas de apoio, como así explicar o exministro de Industria, José Manuel Soria, nunha visita a San Cibrao, celebrada o 2 de outubro de 2012.

Asemade, e nun escenario máis local, esta non é a primeira vez que os populares lucenses demandan unha solución para esta empresa nas distintas administracións. A proposta desta formación, o Pleno da Deputación aprobou varios acordos, con carácter de declaración institucional, e de xeito unánime. Foi o 31 de maio de 2016, 30 de outubro de 2018 e o 26 de marzo de 2019.  

A maiores, foron varias a iniciativas que se rexistraron nos Concellos, no Congreso e no Senado co mesmo fin; incluso esta mesma fin de semana, no xantar de confraternidade celebrado en Burela, e preocupados polas últimas novas ao respecto da fábrica, distintos cargos fixeron un chamamento ao Goberno en funcións, agardando que se acade unha solución e se garanta a viabilidade económica, empresarial, industrial e laboral da planta mariñá.

 

.