Skip to main content
ActualidadeOurolSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ourol segue amañando vías e agarda polos fondos da Deputación

Por 2 Setembro, 2019Sin comentarios

O alcalde de Ourol, o socialista José Luís Pajón, celebrará un pleno case de trámite o vindeiro venres. Nestes momentos a entidade municipal está centrada na execución do plan de actuación para a reparación de vías en distintas parroquias.

Tamén está agardando o Concello de Ourol polos permisos para executar o plan único da Deputación, dotado cuns 200.000 euros, pero hai que agardar a que cheguen determinados permisos como os de Augas de Galicia.

Manter os servizos sociais e amañar tódalas vías e estradas que pasan polo municipio son agora as principais prioridades para un concello con escasos recursos económicos.

O alcalde avanza que van seguir rehabilitando firmes en estradas de Xerdiz, Merille, Ourol mesmo e San Pantaleón.