Skip to main content
ActualidadeO VicedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

As mulleres rurais de San Román do Vicedo irán de viaxe a Ourense en setembro

Por 3 Setembro, 2019Sin comentarios

As mulleres rurais de San Román do Vicedo, asociación que preside Obdulia Fernández ‘Lita’, irán ao seu tradicional viaxe anual os vindeiros días 21 e 22 a Ourense.

Sairán do Vicedo ou de San Román, en torno ás 6.30 ou 7 da mañá. Detiveránse polo camiño para almorzar e despois seguir ata a cidade das Burgas. No 2019 foron a Santander. Os que queiran sumarse poden achegarse a San Román a falar con Obdulia Fernández.

Adoitan ir da orde de entre 35 a 40 persoas a estas viaxes, se ben son 75 mulleres e homes os que integran a asociación, moitos deles xubilados. Unha das asociadas ten máis de 88 anos e segue indo ás actividades, andando ao longo de dous kilómetros dende Vilaudún.

O colectivo está plenamente operativo dende 2009. A partir de setembro, organizarán ximnasia de mantemento dous días á semana, martes e xoves, polas tardes, de 18.30 a 19.30. E os mércores hai manualidades.

As asociadas organizan un Entroido de primavera, cunha comida, a finais de abril e principios de maio, ademais dun magosto en outubro e novembro, tamén fan comidas de Nadal para celebrar o Fin de Ano, pero este ano empezan coas ceas de Nadal. Como as persoas maiores non adoitan ir, a organización fará o posible para que se sumen e así calculan que 52 persoas poderían ir a un bar ao lado da praia.