Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os xogadores do Burela pasan a cuartos da Copa Galicia

Por 3 Setembro, 2019Setembro 5th, 2019Sin comentarios

Os pupilos de Juanma Marrube deron un novo paso na súa aventura de XXIX Copa Galicia na segunda cita irmandiña da semana. Se na primeira eliminatoria, o xoves, se impoñían ao Begonte FS (2-11), de Preferente, o sábado 31 de agosto fixeron o propio ante o Ribeira FS, de Segunda B, gañando o billete para cuartos con festa goleadora, tras vencer 4-10. O trunfador entre o Vilalba Peugeot e Xove FS sería o rival do Pescados Rubén Burela FS na seguinte rolda, o 7 de setembro. 

Amoedo, Renato por partida dobre e Everton foron os encargados de distanciarse no electrónico xa na primeira parte nun bo partido de Copa e de pretempada para os mariñáns ante un rival que tamén apostou por xogar. Ao regreso, o Pescados Rubén dobrou a vantaxe ata o 0-8 con Amoedo, Pope e dobrete de Iago Míguez. Aínda quedaban oito minutos por diante e os locais conseguiron reducir axiña, nun minuto, a través dunha falta e aproveitando un perda. Álex Diz respondeu tamén por partida dobre para recuperar as distancias ata o 2-10. Ribeira, que apostou por xogo de cinco os últimos catro minutos, conseguiu volver ver rede, grazas a un dobre penalti e a un rexeite en superioridade, co 4-10 final.

Antes, os laranxas golearon onte ao Begonte FS (2-11), de Preferente,  na primeira eliminatoria de XXIX Copa Galicia e medíronse, coma xa se explicou antes, en oitavos o sábado ao Ribeira FS, de Segunda B, que tamén se impuxo a Prone, nos penaltis (1-1). 

“Foi un moi bo test de adestramento ante un rival que quixo expoñer e xogar. Puxemos en práctica moitas cousas que levabamos preparadas; ese era o obxectivo do partido” explicaba o técnico mariñán, Juanma Marrube, tralo primeiro dos encontros mencionados. Para os oitavos agardaba “un encontro diferente pola superficie da pista, ante un equipo dinámico e moi ben traballado que acaba de ascender e co que nas últimas tempadas sempre nos medimos nalgún amigable”.