Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mondoñedo dá de prazo ata o 10 de setembro para entregar obras aos concursos Díaz Jácome e Leiras Pulpeiro

Por 4 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo lembra que convén entregar os traballos para os certamente literarios e poéticos adicados a José Díaz Jácome e  Leiras Pulpeiro o 10 de setembro.

O certame adicado a José Díaz Jácome acada nada menos que a súa vixésimo edición. E cabe lembrar que o autor naceu en 1910 en Mondoñedo e que faleceu en setembro de 1998 na Coruña. Foi periodista e escritor. Foi cronista oficial e fillo predilecto da cidade mindoniense e como escritor fora membro da Xeración do 36 á que se adscribira da man do seu amigo coetáneo e veciño Álvaro Cunqueiro. As súas obras máis destacables son ‘Primeras cántigas de amor’, 1936, cun epílogo de Cunqueiro; ‘La huella del ángel’ (1943) e ‘Muiño Fidel’ (1983). En 1996 obtivo a Medalla Castelao.

Foi redactor xefe de El Pensamiento Navarro, a principios de los cincuenta foi redactor xefe de Faro de Vigo e pouco despois pasou a dirixir, en Oviedo, el diario La Voz de Asturias, cargo no que permaneceu ata xubilarse en 1983.

PREMIO JÁCOME. O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, co afán de estimular a creación poética entre os mozos/as, convocou de novo este ano o XX Premio de Poesía Díaz Jácome para novos creadores.

Poderán optar ao premio todas as persoas, de idade non superior a trinta anos, calquera que sexa a súa nacionalidade. Os poemas serán orixinais e inéditos, escritos en galego, non premiados noutros concursos en data anterior ao fallo do Xurado. As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos, o tema e o metro queda a elección do autor. As bases pódense consultar na web do Concello mindoniense.

O prazo de admisión de orixinais remata o día 10 de setembro de 2019, considerándose incluídas neste prazo as obras que enviadas por correo ostenten o mataselos de orixe con esta ou anterior data.
As obras deberán enviarse ao Concello de Mondoñedo.

O Xurado fará pública a súa deliberación no mes de novembro de 2019. A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no mes de decembro.

Este concurso consta de tres premios o primeiro premio de 1.500 euros, placa e diploma; o segundo premio de 600 euros, placa e diploma; e o terceiro premio de 300 euros, placa e diploma.

Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de  Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello
de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ou autores,

Os premiados será invitados, expresamente, ao seguinte recital de Mondoñedo e Poesía que se celebra na cidade cada 1 de maio.

LEIRAS PULPEIRO. Manuel Leiras Pulpeiro (Mondoñedo, 1854 – id., 1912) escribiu en lengua gallega. Estudara Latín e Humanidades no seminario mindoniense e Medicina en Madrid, profesión que exerceu en Mondoñedo. Foi presidente do Comité Republicano Federal da cidade. Rexeitou o nomeamento da Real Academia Galega por crer non merecelo, pero doou a esta institución importante material que recollera. Escribiu un só libro, Cantares Gallegos, con poemas de tipo popular e de temática costumbrista, patriótica e sátira anticlerical, donde eleva á categoría de mito a figura do Mariscal Pardo de Cela. Adicóuselle o Día das Letras Galegas en 1983.

O Concello de Mondoñedo co patrocinio da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo, coa finalidade de honrar a memoria do escritor mindoniense Manuel Leiras Pulpeiro e, asemade, colaborar na promoción da escrita poética en lingua galega e na divulgación das súas autoras e autores, convocou tamén o VIII Premio de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro. Poderá concorrer ao premio calquera persoa física que presente a súa obra en lingua galega, conforme ás normas ortográficas vixentes e sancionadas pola RAG.

Os poemas serán orixinais e inéditos tanto en soporte impreso coma dixital e non poderán ter sido premiados noutros concursos en data anterior á deliberación do Xurado. As composicións terán unha extensión máxima de 150 versos e serán de tema libre.

O prazo de admisión de orixinais remata o día 10 de setembro de 2019, considerándose incluídas neste prazo as obras que, enviadas por correo, presenten selo postal de orixe con esta ou anterior data.
As obras deberán enviarse ao Concello de Mondoñedo.

O Xurado fará pública a súa deliberación a comezos de outubro de 2019. A entrega do premio terá lugar nun acto público organizado polo Concello de Mondoñedo no outono.

Este concurso consta de tres premios o primeiro premio de 1.500 euros, placa e diploma; o segundo premio de 600 euros, placa e diploma; e o terceiro premio de 300 euros, placa e diploma.

Os orixinais que obteñan premio pasarán a integrar o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo.