Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os focenses festexarán en setembro á Santina de Covadonga

Por 5 Setembro, 2019Sin comentarios

Hai un bo número de asturianos vivindo na Mariña lucense, algúns viñeron a traballar a Alcoa e outros simplemente se quedaron por outros vínculos ou por amor á terra mariñá. Desde hai anos, os que residen en Foz comparten cos seus convenciños as súas lembranzas facéndoas coincidir coa festa da Santina de Covadonga. Este ano, a efeméride festexarase o 14 de setembro.

Comezará ás 19.30 horas cun pasarrúas a cargo da banda de gaitas El Trasno de Coaña e a continuación actuará a mesma formación, dirixida por Tejedor, nos xardíns do peirao.

Haberá unha misa e un concerto na honra da Santina que se celebrarán na igrexa parroquial de Foz cantada polo coro Santiaguín de Sama de Langreo.

E como non, a continuación, ás 20 horas, os organizadores do festexo convidarán na Sala Bahía a unha gran espicha que é a sidra que vai do tonel directa ó vaso, o que se acompaña de rica gastronomía. De feito o menú estará composto por empanada, chourizos á sidra, queixo cabrales, tortilla, lacón cocido, bollos preñaos, ovos cocidos, postres e, como din os asturianos, sidra e viño a esgalla.

A organización do festexo fará entrega do vixésimo primeiro Escanciador e haberá unha verbena amenizada polo grupo musical Son’s del Carmen de Gijón.

Para asistir convén contactar co teléfono 982.14.14.80 ata o 10 de setembro.

Na festa colaboran o hostel Islanova, o Banco Sabadell e o Concello de Foz.