Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAXoveZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Xove prevé que a Xunta inclúa nos orzamentos o dique e a recuperación do porto de Morás

Por 5 Setembro, 2019Sin comentarios

A recuperación e a construción dun dique de abrigo no porto deportivo de Morás era unha das prioridades polas que leva loitando dende hai doce anos o alcalde de Xove, o popular Demetrio Salgueiro. A través de Alcoa, o Concello conseguíu a desafectación dunha zona para poder recuperala. A idea é que a obra estea contemplada nos orzamentos da Xunta antes de que finalice este ano para que se inclúa nas contas do vindeiro ano. Para abordar esta cuestión, o rexedor manterá un encontro cos conselleiros responsables a principios de setembro, dado que xa obtivo o compromiso da Xunta.

O alcalde dispón do anteproxecto e a Dirección de Costas solicita agora unha tramitación para as zonas dos pantaláns para saber se é o lugar más axeitado para o dique. Unha vez que Costas autorice a actución, tería que pasar o trámite a Portos de Galicia.

O dique é unha demanda de vello para os pescadores cuxas embarcacións están a mercede dos ventos e temporais. Ademais da protección, recolocarían os pantaláns e mesmo poderían crear algunha prazas, para dar acubillo a un centenar de lanchas. O custe da obra sería de dous millóns de euros aproximadamente.