Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A escola infantil de Cervo inicia o curso con 35 matriculados

Por 6 Setembro, 2019Outubro 2nd, 2019Sin comentarios

A Escola Infantil Municipal do Concello de Cervo iniciou esta semana o curso con 35 matriculacións (5 pequenos e pequenas de 0 a 1 ano, 15 de 1 a 2 e 15 de 2 a 3 anos), 5 incricións máis das que houbo o ano pasado por estas mesmas datas.

O alcalde, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Dolores García Caramés, estiveron compartindo un anaco cos nenos e nenas e co persoal docente do centro, “xestionado dun xeito público, e con recursos municipais, no que prestan os seus servizos e coidan dos nenos, 8 educadores/as, en horario de mañá e tarde”.

O rexedor lembrou que nestes últimos anos “destinamos unha gran cantidade de recursos municipais a esta instalación “co obxectivo de prestar un servizo público nas mellores condicións, e tamén para poder cubrir ao 100% a demanda crecente das familias cervenses, aspecto ao que se deu resposta coa creación dunha nova aula, incrementando a capacidade do centro en 15 prazas, conseguindo así que ningún pequeno ou pequena quede sen a súa praza nesta instalación municipal que non ten lista de espera”.

A matrícula da Escola Infantil permanecerá aberta ata completar o número de prazas.