Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Os nacionalistas sacaron adiante tres mocións no pleno do Valadouro

Por 8 Setembro, 2019Setembro 27th, 2019Sin comentarios

No pleno celebrado en Ferreira do Valadouro, o Grupo Municipal do BNG logrou facer prosperar tres mocións de suma importancia.

Por unha banda, dar unha axuda municipal de 100 euros para os estudantes de ESO do municipio, que debe ser investida en material escolar.

O grupo do alcalde mostrou certa disconformidade acerca dalgúns puntos e finalidades da proposta, mais, con todo, saíu adiante, sosteñen os nacionalistas.

Tamén lograron que o goberno introducira a revisión da Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello. Aínda que se logrou aprobar, o grupo socialista tamén mostrou o seu desacordo sobre algúns matices da moción, puntualiza o BNG.

Outra petición lograda polo BNG foi a do aumento da potencia eléctrica no local social coñecido como Escola do Cadramón.

Aparte, queremos facer público que o sr. Maseda, alcalde do Valadouro, contactou as pasadas semanas, en dúas ocasións, cos concelleiros do BNG. Polo cal, prevese que nas vindeiras semanas se inicie unha rolda de conversas co obxectivo de conformar un novo goberno bipartito. 

De todos os xeitos, queremos sinalar que o  BNG local traballará sempre a prol dos veciños do Valadouro, tanto desde dentro do goberno municipal como desde a oposición.