Skip to main content
ActualidadeO ValadouroSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Mañá rematan as Festas do Oito do Valadouro

Por 8 Setembro, 2019Sin comentarios

Mañá rematan as Festas do Oito, porque o día grande é o 8 de setembro, aínda que a cita prolongouse do 7 ao 9 deste mes. Estará presente a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, este luns.

O día 7 a festa comezou ás 14.30 cunha sesión vermú a cargo do grupo Café Olé e despois, ás 16.30 o parque Diverneno fixo as delicias dos máis pequenos, ata a verbena das 22.30 horas na que actuou de novo o grupo Café Olé, Los Alcántara e unha discoteca móbil Decibelios.

O oito de setembro, ás 14.30 horas, houbo de novo sesión vermú amenizada co grupo Fénix e a festa continua ás 20 horas, cun espectáculo de maxia no salón de actos da casa da cultura. Trátase de 4, Igualdade. Maxia de catro a catro, ofrecido polo mago Pedro Bugarín. Os grupos Fénix e Nazaret porán a guinda a este pastel festivo á noite.

Na última xornada, os valadourenses comezarán ás 11 horas cun pasarrúas a cargo da banda de música Ars Nova e xa ás 14.30, a festa culminará cunha sesión vermú amenizada por Tania Veiras.