Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A ribadense Covadonga Rodríguez fichou por un equipo de primeira nacional feminina de tenis de mesa

Por 8 Setembro, 2019Sin comentarios

A ribadense Ana Covadonga Rodríguez Marqués, xuvenil de 17 anos de idade, que pertence ao club SD Ribadeo Tenis de Mesa, cumpríu cun dos seus desexos de poder xogar na categoría de primeira nacional feminina. Fichou polo clube de Luarca, TM e os seus entrenadores e seguidores cren que será un bo salto para a súa progresión. 

Covadonga Rodríguez seguirá entrenando en Ribadeo e en Luarca.

Este verán fora seleccionada polo comité técnico da Federación Galega de Tenis de Mesa para participar nunhas xornadas de tecnificación. A actividade desenvolvéuse no complexo deportivo Juanito Amigo Ferreiro, de Sigüeiro, no municipio coruñés de Oroso.