Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Comeza o servizo Madrugadores no colexio Castro de Ouro de Alfoz

Por 10 Setembro, 2019Sin comentarios

Tal e como xa avanzara neste xornal o goberno socialista de Alfoz, ponse en marcha este ano o servizo Madrugadores no colexio, coa finalidade de facilitar a conciliación laboral e familiar dos pais e nais e de que os nenos pasen o menor tempo posible sós nas aldeas entre que van e veñen das aulas. O Concello xunto co colexio trataron de impulsalo e dada a demanda que tivo, decidiron activalo xa este mesmo curso. E débese en gran parte ao impulso que lle deu a edil de Igualdade, Arantxa Incera.

Os nenos quedan baixo a vixiancia dun monitor especializado de 8.15 a 9.30 horas, de luns a venres, durante o curso. A partir do 11 de setembro xa se poden anotar os pais interesados no servizo que comeza o 16 deste mes. Para aqueles que só esporadicamente queiran deixar os nenos neste servizo, poden avisar cun día de antelación.