Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro expón óleos de Ramón López ata o 22 na sala polivalente

Por 10 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro convida a visitar a exposición de óleos de Ramón López, do 9 ao 22 de setembro, na sala polivalente municipal, en horario de 10.30 a 13.30 horas e de 18.30 a 21.00 horas.

Ramón López é veciño de Avilés, nado en Ferrol. Foi alumno da Escola de Artes e Oficios en debuxo e pintura durante os anos 19801985, obtendo tres diplomas de honra e premio extraordinario. Cofundadou o grupo cultural e pictórico La Gaviota.

É Ramón López un bo ‘mariño’. Os seus temas do mar non teñen nada que envexar aos dun bo profesional que se dedique exclusivamente ao labor mariñeiro.

Expuso tamén na Casa da Cultura de Luanco, no Casino de Villalegre, no Casino de Avilés Pub Biblos de Avilés, no Pub Ochobre de Avilés, no Restaurante Marino de Luanco, na Casa da Cultura do Vicedo, Café Bar Plaza do Vicedo ou no Casino Club Náutico Viveiro. Así coma tamén na Adega de Agustín de Avilés, no Centro Cultural do Porto de Bares, na Casa da Cultura das Pontes, na Sala de exposicións CENIMA de Foz, no Mesón Viana de Avilés, Mesón o Remo de O Vicedo, Club náutico de Salinas (Castrillón), no Claustro do Concello de Ortigueira ou na Sala do Concello de O Barqueiro (Mañón).

Emprega abundante pintura en todos os seus temas e consegue con iso un maior realismo e forza na súa cor.

As súas paisaxes e bodegóns teñen un realismo natural que os fai agradables á vista e acada unha sensación no sentido coas súas luces e cores, como describen dende o Concello. Segundo o galardonado pintor J.L. Riestra, o autor é “un bo traballador”.

Tamén participou noutras mostras colectivos nos Centro Asturiano de Madrid con pintores avilesinos, outras da Caixa de Aforros de Asturias (Avilés), Centro Asturiano de La Habana en Avilés, Casino de Avilés, Casino de Villalegre de Avilés ou na Casa da Cultura de Soto del Barco e no Pub Biblos de Avilés (varias), Pub Ochobre de Avilés e Palacio de Valdecárcena de Avilés. Foi Seleccionado para el calendario de la Escuela de Pintura de las Artes (Avilés) en el año 2010 y del Restaurante Casa Tataguyo (Avilés) en el año 2014.