Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro analiza a reposta da Xunta á rexeneración da zona inundada de Xunqueira

Por 12 Setembro, 2019Sin comentarios

A alcaldesa de Viveiro, a socialista María Loureiro, lembrou que o 28 de maio, xusto despois da celebración das eleccións municipais, solicitou unha reunión co Alberto Núñez Feijoo, presidente da Xunta de Galicia, para tratar determinados asuntos de especial relevancia para o concello que se atopaban pendentes de resolución por parte da administración autonómica, como é o Plan Xeral de Ordenación Municipal, a Vía de Alta Capacidade da Costa Norte ou o saneamento da ría ou a rexeneración e reconstrución da Xunqueira, que sofríu unha grave inundación que lle causou a morte a unha veciña.

A rexedora pretendía tamén falar sobre os diferentes proxectos anunciados para Viveiro, por parte da Xunta de Galicia e o candidato á alcaldía polo PP, durante a pasada campaña, como é a colaboración desa administración con respecto ao Conservatorio Profesional de Música de Viveiro, a reconstrucción de Xunqueira, a conexión de Viveiro con Cabreiros, o Museo da Semana Santa ou a mellora, reorganización e humanización da fachada marítima de Viveiro. 

Un mes despois, o 28 de xullo de 2019, o Concello púxose en contacto novamente co gabinete do presidente para saber se había algunha previsión con respecto á data na que podía ter lugar a reunión solicitada e para engadir un novo asunto aos temas a tratar. A semana pasada de novo se puxeron en contacto coa mesma inquedanza.

Ao longo destes meses, afortunadamente, algúns dos temas foron fluíndo, admite a alcaldesa, como o emisario, pero segue habendo moitas cuestións pendentes. Un destes asuntos é a reconstrucción de Xunqueira e arranxo de desperfectos causados pola riada que asolou Viveiro en novembro de 2018, causando o falecemento dunha veciña e cuantiosos danos en diversos puntos do concello, pois aínda que o barrio de Xunqueira foi o lugar máis afectados, producíronse destrozos en moitos outros lugares, como Campo de Verdes, Pontelabrada, Magazos, A Carreira, etc. 

O custe das labores de limpeza asumido polo Concello ascendeu a cerca de 80.000 euros; a Deputación de Lugo tamén está colaborando en zonas non afectadas por sectoriais, como no muro do cemiterio, axudando para a redacción do estudo previo e a execución da obra. 

Durante a campaña electoral realizáronse unha serie de promesas con respecto a este tema e, consecuentemente, o Concello amosouse disposto a falar co presidente para coñecer de primeira man o seu compromiso e achegarse a Viveiro para coñecer a situación, pois as consecuencias da riada aínda son claramente visibles.

A alcaldesa tamén lle gustaría coñecer a disposición da Xunta de Galicia e posible financiamento tanto para as obras de reparación (en Xunqueira e noutros puntos, como pode ser o lavadoiro de Pontelabrada) como para a execución das actuación recollidas no Plan Específico de Xestión de Risco de Inundación da ARPSI Fluvial ES014-LU-170101 Río Fontecova, no que Augas de Galicia propón a este concello a adopción dunha serie de actuacións, plantexando tres posibles solucións, por un importe aproximado de medio millóns de euros, unha cifra á que cómpre engadir o custe derivado dos arranxos dos demais lugares afectados.

O goberno socialista de Viveiro considera que todas as administracións se deben implicar por tratarse dun asunto excepcional e de grande importancia e, para falar deste mesmo asunto. Tamén solicitou outra xuntanza coa Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, sobre a que tampouco obtivo resposta.

Ante unha situación excepcional como esta é preciso buscar a implicación e consenso de todas as administracións. Saben que a Deputación de Lugo estaba disposta a colaborar na reconstrución do barrio de Xunqueira. A Xunta de Galicia tamén anunciou a súa intención de colaborar, pero a día de hoxe non teñen información ao respecto; polo súa parte veuse colaborando coa limpeza de estradas e viais da súa titularidade.

A vindeira semana vai ter lugar unha reunión de voceiros para explicarlles que a reunión co presidente da Xunta de Galicia está solicitada dende finais de maio co intención de falar destas cuestións; na xuntanza de voceiros tamén se falará do plan remitido por Augas de Galicia e das tres posibles solucións, que non contan coa conformidade dos veciños, sobre todo, no que se refire ao ensanchamento do río. 

Con esta xuntanza cos voceiros dáse continuidade ás celebradas anteriormente. Os voceiros do mandato anterior eran coñecedores da situación e a resposta remitida a Augas de Galicia con respecto ás proposta realizadas no lan Específico de Xestión de Risco de Inundación da ARPSI Fluvial ES014-LU-170101 Río Fontecova foi consensuada. Tras as eleccións municipais, xa se convocou unha reunión cos novos voceiros para explicarlles a situación e agora, nesta nova xuntanza que terá lugar a vindeira semana, o goberno socialista pretende volver a consensuar unha resposta conxunta para responder ao último escrito remitido ao respecto por Augas de Galicia.