Skip to main content
ActualidadeCervoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Remataron as obras na rúa Calabadexo de Cervo

Por 14 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Cervo vén de recepcionar as obras de humanización de varias rúas do núcleo urbano de Cervo que se acometeron nos últimos tempos, en concreto a área comprendida entre a rúa Calabadexo, rúa da Aldea e Xosé Álvarez.

Villares reiterou o seu agradecemento á Administración Autonómica pola financiación íntegra deste proxecto, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, que mobilizou case medio millón de euros (499.550 euros en concreto) “para a renovación integral de servizos e infraestruturas; e a mellora da imaxe desta zona tradicional e senlleira da capitalidade municipal mantendo a esencia que a caracteriza e que a fai tan singular”.

As actuacións consistiron na renovación das redes de abastecemento e saneamento, o soterramento das redes de iluminación pública, subministro eléctrico e telefonía, a renovación da calzada e a instalación de novo mobiliario urbano.

Isto permitiu, entre outras melloras, dotar de hidratantes e bocas de rego ás rúas e independizar as redes de sumidoiros de augas pluviais e residuais, evitando que as primeiras discorran ata a depuradora e aumentando, por elo, o rendemento do sistema.

Pola súa banda, a canalización soterrada do cableado tamén supuxo unha mellora estética importante, que se suma á renovación da pavimentación da cazada, con espazos diferenciados para os peóns e para o tráfico rodado.