Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro e Arriva dispoñen de bonobuses para os rapaces que estudan fóra da cidade

Por 15 Setembro, 2019Outubro 3rd, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro comezou a prestar o servizo de bonobús en colaboración coa empresa Arriva, co que se pretende ofrecer un servizo de transporte máis eficiente e de menor custo para os veciños e veciñas deste municipio que se desprazan a outras cidades para cursar unha titulación universitaria ou ciclo formativo que non se imparta en Viveiro.

Os requisitos para poder facer uso deste servizo son:

Estar empadroado/a en Viveiro e estar matriculado/a nunha titulación universitaria ou ciclo formativo que non se imparta en Viveiro. Tamén poden facelo os estudantes empadroados en Viveiro que estuden noutras cidades de Galicia, como Vigo poden viaxar ata Santiago, Coruña ou a outros destinos.

O procedemento para tramitar os bonos é o seguinte:

O solicitante deberá facer un ingreso na conta de ABANCA titularidade de Arriva co importe do bono bus que desexe. 

No ingreso deberá constar como concepto: nome e DNI do solicitante, nº de viaxes solicitados e cidade de destino.

Respecto da documentación a entregar no Concello fará falta aportar xustificante de ingreso, foto do solicitante, e fotocopia da matrícula dos estudos a cursar.

E as  solicitudes de bonos ou recargas de viaxes deberán ser os luns de cada semana xa que o venres será o día que se entreguen as tarxetas recargadas, de non solicitalas o luns entregaríanse recargadas o venres da semana seguinte.

RUTA BONO 30 VIAXES BONO 60 VIAXES
VIVEIRO-LUGO 95,55 € 147,00 €
VIVEIRO-A CORUÑA 145,28 € 223,50 €
VIVEIRO-SANTIAGO 192,10 € 295,50 €
VIVEIRO-FERROL 85,80 € 132,00 €
VIVEIRO-ORTIGUEIRA 32,68 € 50,25 €

 

O Concello de Viveiro subvenciona a metade da viaxe.

Os bonos de estudantes caducan o 31/07/2020

As tarxetas de transporte que facilita a empresa deben ser entregadas a final de curso, a perda ou extravío suporá o abono correspondente para emitir unha nova.

A tarxeta de transporte é válida para as viaxes con saída ou destino Viveiro.

Os horarios de transporte poden sufrir modificacións, é recomendable confirmalos coa empresa Arriva antes de viaxar no teléfono 981 330 046.

Por outra banda, o Concello de Viveiro pon a disposición dos veciños outro servizo de transporte, gratuíto, para desplazarse a Burela, Xove e San Cibrao. Poden facer uso deste servizo os estudantes empadroados no Concello de Viveiro que cursen bacharelatos ou ciclos formativos que non se impartan en Viveiro. Para solicitar este transporte deben presentar unha foto e unha fotocopia da matrícula.

Para máis información sobre estes trámites poden dirixirse á Oficina Municipal de Información Xuvenil, chamar por teléfono ao 982560128 ou realizar calquera consulta ao respecto a través do enderezo electrónico xuventudeviveiro@gmail.com.