Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Comezan as obras na pista das Toxeiras de Landrove, en Viveiro para mellorar a rede de suministros e repoñer o pavimento

Por 16 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Viveiro advirte de que este luns, 16 setembro de 2019, comezarán a executarse as obras incluídas no proxecto denominado Ampliación da rede de saneamento no lugar de Toxeiras, Landrove – Viveiro (proxecto adaptado á autorización sectorial de Augas de Galicia, cun orzamento de contrata de 54.974,90 euros.

As actuacións previstas neste proxecto inclúen o levantado de pavimento e instalacións existentes na pista Toxeiras de Abaixo, na parroquia de Landrove; para a súa posterior dotación de servizos (dotación de bocas de riego, mellora da rede de abastecemento de auga e dotación da rede de saneamento) e, finalmente, reposición do pavimento actual, reforzo en zonas de rebaixe do pavimento e apertura de zanxas con capa de grava compactada e posterior apliación nunha lonxitude de 245,00 m de capa de aglomerado en quente tipo D-12 con 6 cm de espesor. 

Coa execución desta obra, adxudicada en 45.695,14 euros, preténdese repoñer o pavimento do vial referido e mellorar os servizos de abastecemento de auga e saneamento, co obxectivo de garantir a funcionalidade e mellora da calidade dos servizos urbanos existentes. 

Esta actuación inclúese no Plan Único 2018 da Deputación Provincial de Lugo, que financia un total de 34.647,44 euros, mentres que o Concello de Viveiro achega un total de 11.047.70 euros. As obras deben estar rematadas antes do 30 de outubro de 2019.