Skip to main content
ActualidadeAlfozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Alfoz inicia o curso escolar cun completo programa de igualdade que inclúe a robótica

Por 17 Setembro, 2019Sin comentarios

A Área de Igualdade do Concello Alfoz inicia o curso escolar co Programa Igual+ dirixido á súa poboación infantil, xuvenil e familias para sensibilizar, informar sobre igualdade e prevención de violencia contra as mulleres. Neste Programa Igual+ inclúense axendas coeducativas curso 2019-20 e os programas Igual+ Educación Infantil, Igualabot. Aprendemos igualdade con robótica, ademais do denominado Proxecto Practicando igualdade para previr as violencias machistas

Repartiránse o luns, 16 de setembro, as Axendas Coeducativas curso 2019-20 a todo o alumnado do municipio. Entregaranse as axendas escolares nos centros educativos, CEIP Castro de Ouro e IES Alfoz-Valadouro para ser distribuidas aos alumnos/as. No caso de estudantes de Bacharelato e Ciclos de FP, estarán a disposición no Concello e na Biblioteca Municipal.

Ademáis este curso, os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP Castro de Ouro participarán nun proxecto de igualdade e contra a violencia chamado Igual+ Educación Infantil, que por unha parte supón que se traballará ao longo de todo o ano escolar para fomentar a ruptura de estereotipos, o coñecemento e xestión das emocións, a resolución pacífica de conflictos, a corresponsabilidade, etc., tanto de xeito transversal como específico relacionado coa Axenda Coeducativa que será ademais o nexo coas familias.

Por outra parte, o Proxecto Igual+ incorpora un programa, Igualabot. Aprendemos igualdade con robótica, que utilizará a robótica para aprender en igualdade e sobre todo incidir en achegar ás nenas as habilidades STEM, ciencias, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas, acabando coa imaxe masculinizada destes estudos e profesións desde a base educativa. A finalidade é usar as novas tecnoloxías de xeito igualitario. Cos nosos robots, Beebots, aprenderán coa robótica que as cores ou as profesións non teñen xénero, que todos somos distintos/as, pero cos mesmos dereitos, a importancia de traballar en equipo para conseguir un obxectivo, etc., utilizando fichas, contos e taboleiros polos que debe desprazarse Beebot seguindo as instruccións do alumnado. Comenzará no mes de outubro e desenrolarase ao longo de todo o curso.

Alfoz tamén desenvolverá o ambicioso proxecto Practicando igualdade para previr as violencias machistas: Practicando coeducación, Rachando estereotipos, Sumérxete nas TICs e Previndo violencia no novo contexto dixital: Ciberviolencia. Esta iniciativa levarase a cabo durante os meses de outubro e novembro, diferentes actividades educativas dirixidas a Educación Infantil e Primaria, ESO e familias para sensibilizar, informar e difundir sobre igualdade e prevención de violencia contra as mulleres nos dous centros educativos e horario lectivo. 

Todo o programa, elaborado e desenrolado polo Concello de Alfoz, está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, polo Fondo Social Europeo (FDS Galicia 2014-20), polo Pacto de Estado contra a violencia de Xénero e Ministerio de Presidencia: Relacións coas Cortes e Igualdade do Goberno de España.