Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

O Goberno promete loitar polo futuro de Alcoa en Bruxelas ademais doutras medidas

Por 18 Setembro, 2019Sin comentarios

O comité de empresa de Alcoa saíu con certa esperanza da xuntanza coa ministra de Industria, Reyes Maroto. «Si, a verdade é que si -afirmaba Xosé Carlos Paleo, presidente del comité-. Estaba todo o gabinete do ministerio con Reyes Maroto á cabeza. Incluso estaba o Secretario de Estado de Enerxía, do Ministerio de Transición Ecolóxica. A ministra Reyes Maroto díxonos que non podían aprobar o Estatuto cun Goberno en funcións. Tamén nos asegurou que este ano ían ampliar as compensacións máximas que lles permiten desde a UE polo CO2, uns 180 millóns en axudas para as empresas, que é o que tiñan solicitado».

«A semana que vén o Secretario de Estado de Enerxía tamén irá a Bruxelas a coñecer as condicións da subasta pola interrumpibilidade. A ministra comprometéuse a visitar nas vindeiras semanas a fábrica de Alcoa en San Cibrao. Tamén nos propuxo crear un grupo de traballo en Galicia con representación de todas as partes. A impresión, como digo, é moderadamente positiva. Mañá ímonos reunir os membros do comité na fábrica para facer unha valoración con máis calma», señalaba Paleo desde Madrid, á saída do ministerio.

Da única planta de aluminio primario da multinacional en España dependen na Mariña máis de mil postos de traballo directos e case outros tantos indirectos.