Skip to main content
ActualidadeMondoñedoRiotortoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

Mondoñedo, Abadín, Riotorto e Trabada promoven un servizo de apoio ás familias para previr a exclusión social

Por 19 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Mondoñedo, presidido pola popular Elena Candia, da un paso máis nas súas políticas de benestar social e, xunto cos de Abadín, Riotorto e Trabada xestionará un servizo de educación e apoio familiar. Ao fío do convenio que se establecerá entre estes concellos, por iniciativa de Mondoñedo, solicitarán as correspondentes subvencións á Xunta de Galicia para programas de emerxencia social e a inclusión da poboación xitana, inmigrante e outras persoas e colectivos en risco de exclusión. Hai que recordar que os municipios citados xa traballan xunto con Barreiros, Lourenzá e A Pastoriza para configurar unha rede de servizos sociais ampla e de calidade, co fin de garantir unha intervención social eficaz, persoalizada e de proximidade.

Con esta nova iniciativa, perséguese, por un lado, incrementar, mellorar e acercar os servizos sociais aos cidadáns que máis os necesitan. Por outro, búscase unha maior eficiencia no uso dos recursos públicos. O alto custe dos servizos de calidade esixe, como se sinala polos citados concellos, «a colaboración entre distintas administracións locais, coa finalidade de poder prestar aos veciños actividades e servizos que na actualidade se consideran imprescindibles como medio para mellorar as relacións cos mesmos». Unha colaboración interinstitucionalque é especialmente relevante nun contexto socioeconómico moi marcado pola crise económica.

Segundo as previsións, o servizo levarase a cabo en todos os municipios que participan nesta iniciativa, como mínimo un día por concello e, tamén, segundo as necesidades de cada momento. Os obxectivos que se perseguen son promover que as familias adquiran as habilidades necesarias para o adecuado desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas. Quérese poñer a disposición dos usuarios atención psicolóxica, ademais de recursos e itinerarios socioeducativos. Outro dos obxectivos é favorecer a integración das familias e unidades de convivencia en todos os ámbitos da vida comunitaria, así como previr situacións de vulnerabilidade ou risco social. Igualmente, se promoverán espazos de encontro de nais epais para a formación compartida e mellora da educación familiar.

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, explica que «a prestación de servizos de benestar social é unha preocupación que distingue aos gobernos populares». Indica que «no caso de Mondoñedo, os veciños saben que o Concello busca continuamente novos recursos para mellorar estas prestacións». Engade que, no caso dos concellos, o traballo en rede é a vía adecuada para ofrecer servizos aos seus veciños,porque de modo individual, polas súas limitacións económicas, teñen moi difícil poder facelo.