Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAZonas LUGOXA

Tomé convoca aos sindicatos para informalos sobre a disolución de Suplusa

Por 19 Setembro, 2019Sin comentarios

O Presidente da Deputación, José Tomé, convocou para este xoves día 19, ás 10.30 horas, na Sala de Xuntas, unha reunión informativa con todas as centrais sindicais que teñen representación na institución provincial co fin de darlles traslado persoalmente dos acordos adoptados polo Pleno da Deputación e pola Xunta Xeral Extraordinaria de Suplusa, celebrados o día 12 de setembro, relativos ao inicio do procedemento de disolución para a extinción da Sociedade Urbanística Provincial.

O Presidente quere informar con total transparencia aos representantes sindicais da Deputación de cada un dos puntos acordados durante este encontro, que terá continuidade cunha reunión que se producirá de seguido cos deputados e deputadas designados para exercer o cargo de liquidadores de SUPLUSA (Pilar García Porto, en representación do PSdeG, Mónica Freire Rancaño, do BNG, e José Antonio García López, do PP), co asesor xurídico da comisión liquidadora e cunha traballadora de SUPLUSA nomeada interventora. 

Con esta xuntanza, José Tomé quere garantir a total transparencia e claridade en todo o proceso que desembocará na extinción da sociedade mercantil, e desvinculalo de calquera manipulación política que puidera darse, en tanto que a decisión política, que é a disolución de Suplusa, xa está acordada por unanimidade no Pleno e na Xunta Xeral da entidade mercantil celebrados o día 12. Agora resta desenvolver a parte técnica e administrativa, que se realizará segundo as indicacións dos servizos provinciais implicados ao abeiro do establecido na lexislación Mercantil e de Dereito Público que resulte de aplicación.