Skip to main content
ActualidadeMondoñedoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Garda Civil detivo aos supostos autores dun cultivo de marihuana en Mondoñedo

Por 21 Setembro, 2019Sin comentarios

A Garda Civil detivo na localidade de Mondoñedo a dous mindonienses de 43 e 44 anos de idade, como supostos autores dos delictos contra a saúde pública, por un cultivo de marihuana, e de defraudación de fluído eléctrico.

Esta investigación iniciouse tras ter coñecemento de que nunha vivenda situada no termo municipal mindoniense estábase producindo un consumo inusual e elevado de fluído eléctrico, tras ter modificado o contador.

Neste operativo localizouse e intervíuse no interior do inmoble un sistema de cultivo do que parecía ser marihuana, 1.500 gramos, e no exterior da casa un total de 35 plantas da especie.

As persoas detidas pasaron á disposición xudicial.