Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A comisión das patronais de Ribadeo agradece o traballo municipal e da Policía Local

Por 22 Setembro, 2019Setembro 26th, 2019Sin comentarios

A comisión organizadora das festas patronais de Ribadeo agradece o traballo realizado polo persoal de limpeza e obras do Concello e pola Policía Local. 

Desde a comisión sinalan que “unha vez rematadas as festas deste ano dende a comisión queremos dar as grazas a todo o persoal de limpeza e obras do Concello de Ribadeo polo seu traballo, pola rapidez con que quedou todo como se non tivese pasado nada. E do mesmo xeito, agradecer tamén á Policía Local a súa colaboración e dispoñibilidade en todo momento e a calquera hora”.

A asociación agradece tamén “a cesión dos terreos que están a carón do aparcadoiro municipal, onde se instalaron as vivendas móbiles dos propietarios das barracas que acudiron ás festas de Ribadeo. E tamén a colaboración de Jacobo, da Cruz Vermella, que se encargou de saír á ría o 7 de setembro pola noite, para evitar que durante a sesión de fogos artificiais houbese embarcacións que se achegasen ao porto comercial desde onde se lanzaba toda a pirotecnia”.

A comisión tamén pide desculpas polas molestias ocasionadas á veciñanza e aos negocios situados nas inmediacións do recinto feiral: “e, dende logo, queremos pedir desculpas a eses veciños e veciñas de Ribadeo que viven na zona onde se celebran as festas patronais, xa que sabemos que non debe ser fácil durmir esa semana. E tamén aos propietarios de negocios que ven interrumpida a súa actividade diaria, con motivo das modificacións realizadas no tráfico rodado. A todos eles grazas e desculpas polas molestias ocasionadas”.