Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Foz iniciará os trámites para declarar a Travesía da Ría como Festa de Interese Turístico

Por 24 Setembro, 2019Setembro 26th, 2019Sin comentarios

A posta en valor do medio natural,  a promoción de hábitos saudabeis, a promoción dun deporte con forte arraigo na mariña de Lugo, todos son obxectivos irrenunciables de calquera administración, e tamén do Concello de Foz, segundo expón o goberno socialista local. Todas estas apostas son acadadas coa celebración dunha proba que é xa referente no calendario da Federación Galega de Piragüismo e que xunta a uns 400 padexeiros anualmente durante o verán focego, apuntalando unha oferta deportiva e turística, que enche o Concello de visitantes.

A Travesía vense celebrando ininterrupidamente dende o ano 1962, e celebrou este 25 de agosto a súa LVII edición. Trátase da segunda proba de piragüismo máis antiga de Galicia e a terceira máis antiga do Estado, tralo descenso do Sella e o descenso do Miño. Organizada nos ultimos anos po lo Clube Kayak de Foz cun esforzo e resultados a eloxiar, aporta coa súa actividade unha alternativa de deporte saudable e en contacto coa natureza para a xuventude da vila. 

A proba acada pois, méritos abondos para ser declarada de interese turístico de Galiza xa que para este obxectivo valoranse positivamente as manifestacións de exaltación de tradicións, cultura, gastronomía, etnografía e os eventos deportivos, xa que son unha demostración da acollida, amabilidade e hospitalidade pola que Galicia é recoñecida no mundo.

O Concello de Foz a traves da Concellaría de Deporte e Xuventude en coordinación coa Concellería de Turismo, para acadar o obxectivo de festa de interese turístico de Galiza, propón no vindeiro pleno do 26 de setembro o inicio oficial dos trámites que permitirán poñer ainda mais en valor unha festa do deporte e de exaltación dos recursos naturais do noso Concello.