Skip to main content
ActualidadeBurelaSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O BNG de Burela ve unha oportunidade na repetición de elecións dunha mesa

Por 24 Setembro, 2019Outubro 3rd, 2019Sin comentarios

O líder do BNG burelés, Mario Pillado, redactou un artigo no que expón o seu pensamento nomeadamente sobre a acontecido co reconto de votos da mesa electoral instalada no IES Perdouro, tendo en conta que a votación voltará repetirse o 17 de novembro. Para Pillado, dende as eleccións xerais de abril, o Concello de Burela sofre unha total parálise en canto á xestión. Durante a lexislatura a xestión do goberno local non foi moi activa, opina, pero é que agora os socialistas xa nin disimulan e sen inmutarse o alcalde Alfredo Llano ven a dicir públicamente que non poden facer nada, tomándose todo este tempo de vacacións, asegura o nacionalista.

Como é coñecido, todo isto ven provocado pola reclamación de Burela Sempre ó resultado das locais de maio e que derivou nunha sentenza que obriga a repetilas votacións na mesa 01 005 U, unha das mesas do Perdouro. Inexplicablemente, segundo entende Pillado, o Goberno do Estado non convocou a repetición electoral ata o 17 de novembro, unha semana despois da repetición das xerais. 

Cabe recordar que o resultado dos comicios deparou a perda da maioría absoluta para o PSOE e a suma dun novo concelleiro para o BNG a expensas do que ocorra en novembro. 

Mais alá de valorar o total abandono no que tivo o Estado ó Concello de Burela durante meses, segundo pensa Pillado, e da vantaxe e beneficio que o PSOE local tentou sacar do asunto aproveitándose das institucións como sempre fixo o bipartidismo, opina, cabe analizar o estancamento do noso concello, que agrava a parálise e inacción que supuxo a anterior lexislatura. A nosa vila non pode seguir por detrais do resto de concellos da Mariña, cuios gobernos xa funcionan, e ten que comenzar a desenvolverse para superala parálise á que os anteriores gobernos nos someteron, matiza o nacionalista no seu artigo.

A veciñanza vive atónita, pensa Pillado, a sucesión de despropósitos que acontecen e ve este momento como un atranco máis no camiño que sempre tivo que superar con traballo e esforzo. Coma sempre se fixo en Burela, cómpre converter este problema nunha solución, nunha oportunidade para mellorar, propón o nacionalista e pon exemplos. Como fixemos na guerra do bonito. Igual que cando xogamos a promoción de ascenso a segunda B de Fútbol, nas máximas categorías do fútbol sala nacional, contra equipos de capitais de provincia. Traballando en equipo e con esforzo saimos adiante e teñen que sudar para superarnos, arenga.

Do mesmo xeito que xa manifestou o BNG con anterioridade agardan que a repetición electoral se produzca con todas as garantías democráticas e se respecten as regras do xogo por tódalas partes. Nese contexto, dende o BNG, e persoalmente Pillado, confiamos en que a veciñanza vai facer coma os grandes pívots do Futsal, aproveitar as oportunidades, dar outro pasiño cara o cambio para que Burela poida mellorar e desenvolverse superando este pesadelo dunha vez por todas. Para iso, a veciñanza de Burela sempre vai contar con este voceiro, exponse o edil, e con toda a organización do BNG a nivel local; sempre estivemos e sempre estaremos, asegura.