Skip to main content
Sin categoría

Os nacionalistas sacaron adiante unha moción “para salvar aos traballadores de Alcoa”

Por 25 Setembro, 2019Setembro 26th, 2019Sin comentarios

O BNG na Deputación conqueriu botar adiante a súa moción na que pedíu instar á Xunta de Galicia a constituír unha mesa de negociación coa multinacional e o Comité de Empresa de San Cibrao para demandar a activación das 32 cubas en suspenso e velar polo mantemento do emprego e da actividade industrial en tanto se mantén a actual situación de declive industrial e inestabilidade nos prezos da enerxía.

Asimesmo o Bloque demanda ao Goberno do Estado medidas urxentes respecto do marco enerxético co fin de paliar a crise da industria electrointensiva galega. Neste senso esixe a aprobación inmedidata do estatuto do consumidor electrointensivo tendo en conta as achegas do sector galego, coa inclusión dun paquete de medidas compensatorias polos atrasos antes do final de 2019.

Solicitan os nacionalistas a substitución do sistema de poxa de interrumpiblidade por unha regulación estábel que permita prezos competitivos no sector con compromisos no mantemento do emprego.

Ademais, demanda que o futuro sistema enerxético estatal contemple unha tarifa eléctrica galega que compense a Galiza polos custes ambientais e sociais que implica a xeración de enerxía.