Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Ribadeo limpará por primeira vez o perímetro do Forte de San Damián

Por 25 Setembro, 2019Sin comentarios

O edil ribadense responsable da limpeza, Jorge Díaz, avanzou que cre que será a primeira vez que o Concello acondicionará a Forte de San Damián, máis concretamente o seu perímetro: “Por dentro xa se limpa, así como a zona de árbores e xardín dos arredores, pero queda pendente o seu perímetro, as enredadeiras que colgan das súas paredes, etc… en principio a intención é facelo con persoal propio do Concello, pero si fose necesario recorrer a outros profesionais fariámolo”.

Díaz Freije comentou que “penso que é a primeira vez que se vai actuar no perímetro do forte, algo que me parece bastante necesario”.

O concelleiro de Medio Ambiente adiantou tamén que “no meu departamento imos proceder a revisar a ordenanza municipal de medio ambiente, para adaptala aos novos tempos que vivimos. Estou convencido de que hai aspectos, de que hai puntos que se poden mellorar”.

Jorge Díaz Freije aproveitou a ocasión para “agradecer o traballo realizado polo persoal de Medio Ambiente durante todo o verán, xa que son datas nas que hai moitos eventos e moitas actividades lúdicas, que obrigan a intensificar o traballo e tamén a xornada laboral. Tamén quero dar as grazas a todo o voluntariado que estivo o pasado 14 de setembro na media maratón Ribadeo-As Catedrais. Agardamos seguir contando con eles e con elas para que esta cita deportiva siga a ser un éxito ano tras ano”.