Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

System of a Down, Judas Priest e Korn, bandas xa confirmadas para o Resurrection Fest de Viveiro

Por 25 Setembro, 2019Outubro 9th, 2019Sin comentarios

O vindeiro festival de música de Viveiro, o Resurrection Fest, que será do 1 ao 4 de xullo, xa confirmou que grupo será o seu cabeza de cartel para a vindeira edición. System of a Down, pero en poucas horas a organización vén de confirmar a presencia de máis bandas, no que será o 15 aniversario da cita. Unha das bandas de heavy metal máis importantes da historia, os británicos Judas Priest, virán por primeira vez á cidade do Landro para celebrar, tamén como cabezas de cartel, o seu 50 aniversario cunha xira.

Por outro lado, tras o seu último disco alabado pola critica musical e despois de ter sido un dos artistas máis solicitados este ano polos fan dos Resurrection, regresarán os estadounidenses KoRn.

Meshuggah tiveron que agardar nove anos para voltar ao festival. Tamén acudirán ao Resurrection os integrantes de Heaven Shall Burn co seu novo disco e Madball tampouco quere perderse o 15 aniversario do festival mariñán.

Sepultura está a punto de sacar un novo disco así que será a oportunidade perfecto para presentalo no festival. Jinger volve a Viveiro e desde Francia, Dagoba virán cargados de enerxía para un show que a organización califica de eléctrico. Dark Funeral fará as delicias dos fans do metal extremo e Beyond The Black estrearánse no país co seu metal sinfónico.

Knocked Loose visitará por primeira vez o país e demostrarán por que son unha das bandas máis revolucionarias do hardcore actual. Belvedere farán saltar co seu punk máis ‘zapatillero’ e Lionheart case con seguridade ofrecerá un concerto brutal, segundo afirma a organización. Our Hollow, Our Home tamén se estrearán no Resurrection.

Amenra actuará xa que tiveron que cancelar o concertohai anos cun espectáculo de luz e son e estarán tamén as bandas Elder e The Atomic Bitchwax.

Hamlet presentará o seu disco Berlín. Blowfuse, un referente do punk rok, regresará tamén. O Resu’ será tamén o primeiro festival de Onza, con Pepo de Desakato ás voces. Vita Imana veñen a Viveiro por primeira vez trala incorporación do seu novo cantante Mero Mero, ademais Thirteen Bled Promises van sacar novo disco e finalmente, tras ser gañadores de Band Contest, Cannibal Grandpa unense ao cartel para 2020.

O día 1 de outubro as entradas sairán á venda ás 11.00 horas. Na pasada edición, esgotáronse as entradas en febreiro.