Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Viveiro acude ao Foro da Rede Europea de Celebracións da Semana Santa

Por 25 Setembro, 2019Sin comentarios

Jesús Fernández Fernández, primeiro tenente de alcalde do Concello de Viveiro, asistirá ao III Foro da Rede Europea de Celebracións da Semana Santa e Pascua, que terá lugar en Orihuela (Alicante) os días 25 e 26 de setembro de 2019, acompañado nesta ocasión polo Presidente da Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro, José Veiga Golpe.

A programación inclúe diversas visitas e a celebración dunha asemblea na que, entre outros, se van a tratar os seguintes puntos da orde do día: a presentación das propostas para a elección da imaxe de marca, o informe sobre o Foro VIII Cultural Routes Training Academy, en Visby, Gotland (Suecia) e requisitos para o expediente de solicitude para a candidatura como itinerario cultural do consello de Europa, información sobre a constitución do comité científico, funcións, coordinación e funcionamento, a presentación das propostas para o plan de traballo e accións do comité científico e a aprobación de contas e orzamento 2019.

O Concello de Viveiro adheriuse á Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua mediante acordo plenario de data 7 de novembro de 2018, despois de ter sido invitado a asistir ao I Foro Europeo Internacional sobre Celebración de Semana Santa e Pasión, celebrado en Lucena (Córdoba) en setembro de 2018.

A acta fundacional e firma de estatutos realizouse en Braga (Portugal) o 19 de marzo de 2019, onde se elixiu a directiva da mesma, nomeando tesoureiro ao representante deste concello.

A Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua é a organización encargada de xestionar o proxecto para a creación do Itinerario Cultural do Consello de Europa Caminos de Semana Santa e Pascua e a pertenza de Viveiro á mesma supón un paso máis para a proxección e promoción da nosa Semana Santa.