Skip to main content
ActualidadeRibadeoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

O pleno de Ribadeo pide que o galeón afundido sexa Ben de Interese Cultural

Por 26 Setembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Ribadeo aprobou, no último pleno municipal, solicitar á Xunta de Galicia a declaración de BIC (Ben de Interese Cultural) para o galeón afundido na ría. Volve ofrecer a forte de San Damián como museo para albergar restos subacuáticos.

O rexedor contou que “foi un interesante pleno ordinario onde houbo unha chea de asuntos que foron aprobados, a maioría por unanimidade e algún deles por maioría. O primeiro foi que o Concello de Ribadeo e a Corporación aprobamos solicitar da Xunta de Galicia a declaración de Ben de Interese Cultural para o galeón, que está mergullado e soterrado na ría de Ribadeo, e que ademais entre todos os grupos quixemos reiterar o compromiso de crear un proxecto museístico da nosa historia local, que é moita, tamén do noso patrimonio subacuático, que está mergullado na ría de Ribadeo, e para iso volvemos propoñer o Forte de San Damián. Para conseguir iso dirixirémonos outra vez máis á Deputación de Lugo e á Xunta de Galicia para que fagan chegar os medios técnicos, humanos e económicos necesarios para colaborar neste proxecto”.