Skip to main content

A Biblioteca Pública Municipal de Burela e a Delegación de Cultura presentan, o espectáculo Tecnoiguais, a cargo do Mago Richard. Terá lugar na Casa de Cultura osábado, 28 de setembro ás 18.00 horas.

Un espectáculo interactivo, para público familiar, de divulgación científica. Unha mestura dun show de ciencia con maxia e interactividade có público.

O mago Richard ven desenrolando as súas actividades dende o ano 2003 ,participando nos diferentes circuitos profesionais de Ler Conta Moito, Salón do Libro de Pontevedra, Semana do Libro e Lectura de Carballo. É socio Fundador da Asociación de Magos Profesionais de Galicia e Membro da Asociación Galega de Divulgación Científica.

Esta actividade atópase dentro do programa de Ler conta moito, de actividades de dinamización da lectura que promoven a igualdade entre homes e mulleres e a loita contra a violencia de xénero nas  bibliotecas de titularidade municipal , integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.