Skip to main content
ActualidadeOurolRiotortoSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXAZonas TERRACHÁXA

O presidente da Deputación reitera o seu compromiso coa residencia de Ourol

Por 27 Setembro, 2019Outubro 3rd, 2019Sin comentarios

O presidente da Deputación, José Tomé, mantivo esta mañá unha reunión co alcalde de Ourol, José Luis Pajón, para coñecer de primeira man as necesidades do municipio mariñán. Tomé aproveitou o encontro para reiterar o compromiso do organismo provincial coa residencia do concello e asegurou que “os veciños e veciñas van ter esta dotación social, poden estar tranquilos e confiar no que lles dixo o seu Alcalde”.

Na rolda de contactos que está a realizar o dirixente do organismo provincial logo da súa chegada á institución, Tomé recibiu tamén ao alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, que aproveitou para trasladarlle as inquedanzas do seu concello.