Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Veciños e nacionalistas piden a eliminación da simboloxía franquista en Viveiro

Por 27 Setembro, 2019Sin comentarios

Baixo o nome de Cóntallo ti, o BNG viveirense está a visitar todas as parroquias escoitando e recollendo demandas dos veciños do Concello. O último destes encontros deuse na Casa do Forno en Celeiro, onde se propuxeron e debatiron diferentes cuestións entre os veciños alí presentes onde unha das demandas está relacionada co grupo de vivendas do Barrio do Chao, inauguradas no 1955 polo Instituto Social da Marina,tal e como anuncian as placas situadas ao pé da estatua de San Rafaeliño, na entrada do Barrio.

Estas placas mencionan ademais ao falanxista Pedrosa Latas, nome que xa foi retirado do CEIP de Celeiro en aplicación da Lei de Memoria Histórica e acordado no pleno de 7 de febreiro de 2018 por sobrados motivos, segundo o BNG indica.

Polo exposto, solicitaremos no vindeiro pleno do 2 de outubro a substitución de ditas placas, cun posíbel texto que reflicte o seguinte Grupo de Vivendas dos mariñeiros (1955) Barrio do Chao, así como tamén a eliminación de todo recoñecemento público que atente contra a Memoria Histórica e poda perdurar no citado barrio.