Skip to main content
ActualidadeSecciones TerraCháXAViveiroZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

Son Viveiro propón unha nova ordenanza sobre vados

Por 29 Setembro, 2019Sin comentarios

O grupo político SON Viveiro-SON en Común porá de manifesto no vindeiro pleno a necesidade de desenvolver unha nova ordenanza sobre vaos que se adapte tanto ás necesidades das persoas solicitantes como ás da veciñanza que utiliza as beirarrúas.

“A que está vixente foi aprobada no ano 2011 e é mellorable en moitos aspectos. Temos a oportunidade de contar cunha nova ordenanza que non conteña as anomalías que detectamos na anterior e que minimice o impacto das barreiras arquitectónicas”, asegura o seu voceiro, Luís Manuel García Otero.

Desde a formación de esquerdas, solicitarán a redacción e a aprobación dun novo documento no que se recollan tamén a reserva da vía pública para aparcamentos exclusivos e para a carga e a descarga de mercadorías.