Skip to main content
ActualidadeFozSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A FCAM sortea hoxe en Foz mil euros dunha campaña comercial

Por 30 Setembro, 2019Sin comentarios

Este luns, 30 de setembro, terá lugar o segundo sorteo de 1.000 euros da campaña da FCAM 1.000 motivos para mercar na Mariña. Será en Foz. Todas as persoas que realizaron as súas compras do 23 ao 29 no comercio asociado ao Centro Comercial Aberto entrarán no devandito sorteo. Só teñen que estar atentas ás redes sociais e aos medios de comunicación para coñecer os números das papeletas premiadas. Haberá un premio de 500 euros e cinco de 100 euros cada un en vales de compra para gastar nos establecementos asociados durante os 30 días seguintes á celebración do sorteo en Foz. 

En total a FCAM destina 8.000 euros a premios nesta campaña. Mil euros en cada asociación que a conforma: Viveiro, Foz, Xove, Burela, Ribadeo, Covas, Lourenzá e O Vicedo. 

Os sorteos teñen lugar os luns na sede de cada Acia participante. A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña desenvólvese do 23 ao 29 de setembro en Foz e o sorteo dos 1.000 euros terá lugar o día 30 nos locais do Centro Comercial Aberto; en Xove desenvolverase do 14 ao 20 de outubro e o sorteo realizarase o día 21 na Aciam; a Burela a campaña chegará do 21 ao 27 de outubro e o sorteo está previsto para o día 28 no CCA burelés; en Ribadeo a campaña será do 28 de outubro ao 3 de novembro e o sorteo farase o 4 en Acisa; en Covas esta campaña da FCAM terá lugar do 4 ao 10 de novembro e o sorteo será o 11 en Beiras de Viveiro; 1.000 motivos para mercar na Mariña será en Lourenzá do 11 ao 17 de novembro e o sorteo efectuarase o 18 na Acia laurentina. A campaña rematará do 18 ao 24 de novembro en O Vicedo, onde o sorteo será o 25 na Acia desta vila.

VIVEIRO. O venres, en Viveiro, recibiron os seus premios aos primeiros afortunados da campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña. A presidenta do Centro Comercial Histórico, Dolores Pérez Santos, encargouse da súa entrega. 

O primeiro premio, o 35.911, dotado con 500 euros en vales de compra foi para Rodrigo Yáñez Gómez. A papeleta foi repartida no Mesón o Recuncho. 

Fernando Carballal Fresco levou un vale de 100 euros ao resultar premiado o 26.942, cuxa papeleta lle foi entregada en Perruquería Últimas Líneas; outro vale de 100 euros foi para Inés Castro Ruiz ao resultar agraciado o 19.739, número que foi repartido no Bar Castilla; e Vanesa López Guerreiro levou outro vale de 100 euros ao ter o 30.469. A papeleta foi repartida en Raquel Seijido. 

A campaña 1.000 motivos para mercar na Mariña está organizada pola Federación de Comercio A Mariña e conta coa colaboración da Xunta de Galicia e da Deputación de Lugo.